Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou na súa segunda tempada no equipo somocense como o máximo goleador con tres dianas, ante Alondras, Noia e Betanzos.

O ferrolán, que se formou na base do Racing, debutou no primeiro equipo, e pasou polo CD As Pontes e o Galicia de Mugardos, destaca pola súa intensidade defensiva, deixándose todo no campo despregando garra e corazón, contando coa plena confianza dun Stili ao que xa coñecía da súa etapa no Mugardos.

Berto coméntanos que “honestamente, non me esperaba un inicio de tempada tan positivo en canto á faceta goleadora. Atópome a moi bo nivel e mentres sexa para achegar positivamente ao equipo e axudar a seguir sumando, sempre será benvido. Parte diso tamén llo debo ao meu asistente, Sergio Otero”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas