DORO: Continua facendo historia

Sergio Prego Cancela, «Doro», escribiu esta campaña outra páxina na historia do fútbol da Costa.

Agora, nas filas do Xallas FC, logrou fronte ao Estudantil marcar un dos goles (0-2) e desa forma logra algo que nunca chegou a pensar. Así, o capitán xalleiro conseguiu que nas 30 tempadas seguidas que leva xogando, marcou sempre. E iso faio desde que comezou a xogar de cadete federado nas filas da SD Castriz. Un fito que moi poucos futbolistas poderán presumir, marcar sempre cada tempada que salta ao terreo de xogo. E perpetúase no capitán do Xallas desde aquel xa afastado ano 1992 en que fixo o seu debut. No seu zurrón, o xogador de Bazar ten sete Copas da Costa, cinco ascensos, así como dous títulos de liga xuvenil.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).