PABLO CARRASCOSA LUCAS: O fisio do Bergan

O fisio albaceteño desenvolve con profesionalidade o seu traballo esta campaña en Carballo. Pablo Carrascosa Lucas é unha das novidades que presenta o Bergantiños FC esta tempada 2021-2022 en Segunda RFEF.

Recalou a mediados do mes de xullo en Carballo traballando co persoal de José Luis Lemos.

“La verdad -comenta- estoy muy contento. Los jugadores respetan mucho nuestro trabajo y estar en una plantilla semiprofesional es una gran satisfacción” e puntualiza: “Una de mis grandes pasiones es el fútbol y poder trabajar en él siempre es un acicate más”.

Pablo lembra como chegou: “Puse mi currículo, llevaba cuatro años en Valencia, en donde realice el máster, y José Antonio Ares me llamó y aquí estoy”.

O ritmo de traballo que realiza Pablo Carrascosa é importante, xa que descansa o martes, despois de luns a venres, en horario de 16.00 a 19.00 horas, realiza a recuperación dos integrantes do persoal, que neste momento son 20 futbolistas, aínda que chegaron a ser 21. Os sábados tamén acode ao campo As Eiroas en xornada matinal e o domingo con motivo do partido que o equipo disputa en Segunda RFEF.

Pablo, que é seguidor do Barça, recoñece que non houbo, ata o momento, lesións importantes no persoal: “Ningún jugador tuvo que parar por una lesión. Molestias musculares y esguinces leves son, por ahora, lo más habitual”.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).