Por primeira vez o Campo de Slalom de O Couquiño acollera unha competición da máxima categoría nacional e que repartirá prazas para os Campionatos de Europa junior e sub23.
A actividade e o recoñecemento do Campo de Slalom de O Couquiño en Dumbría coma un dos emprazamentos do slalom galego seguen medrando, acollendo por primeira vez na historia unha competición en Galicia que asignará prazas directamente para disputar co equipo nacional de slalom os Campionatos de Europa Junior e Sub-23.
A proximidade cos Xogos fai que, dos que nos van representar en París, únicamente se espere a presencia da canoista vasca Milen Lazkano, campioa de Europa no ano 2021, e que defenderá as cores de España na competición de C1 Femenino.
O programa provisional para este fin de semana, a falta de coñecer a lista de inscritos, é o seguinte:
Venres 12 de xullo: Adestramentos a partir das 4 da tarde.
Sabado 13 de xullo: 10:00 semifinais e 16:00 o final competición do sábado.
Domingo 14 de xullo: 9:00 semifinal e 13:00 final competición domingo.
A proba sae adiante grazas á colaboracion imprescindible do Concello de Dumbría, e da empresa Xeal, que aportará o caudal imprescindible para o desenvolvemento da proba, e dos veciños de Olveira que ceden as fincas para a proba.
Info: CDM Piragüismo Dumbría e Foto: Norbert Aguilera