O Club Salvamento Acuático Laracha proclamouse subcampión galego alevín

Esta pasada fin de semana disputáronse na Praia do Ézaro os Campionatos Galegos de Praia das categorías alevín, infantil – cadete e xuvenil – junior.

Na clasificación xeral, o Club Acuático Laracha proclamábase Subcampión galego na categoría Alevín, a tan so dous puntos do campión. Os resultados máis destacados nesta categoría foron:

– Julia Bolón: Campioa Galega en Eslalon Costa, 3ª en Carreira con Nipper.
– Sabela Paulos: 3ª en Eslalón costa.
– Relevo Sprint feminino: subcampioas galegas (Sabela, Lola, Martina e Julia).

Na categoría Infantil-Cadete os resultados máis destacados foron:

– Shaila Rodríguez: Campiona Galego en Bandeiras e 3ª en Sprint (Cadete feminino).
– Relevo sprint infantil masc.: Campións galegos (Simón, Hugo, Brais, David).
– Salvamento con tubo de rescate cad. Fem. : subcampioas galegas (Sofía, Shaila, Angela e Daniela).
– Rescate con táboa de Salvamento cad. Fem: Campioas galegas (Shaila e Sofía).
– Relevo triada infantil mixta: 3º (Martina, Hugo, Alba, Brais, Simón e María).

Na categoría Xuvenil temos que destacar os seguintes resultados:

– Iria Barreiro: Campiona Galega en Bandeiras e Sprint.
– Rescate con táboa: 3ª xuv. Fem. (Iria e Lucía) e 3º xuv. Masc. (Luis e J. Martín).
– Relevo Ocean Mixto: 3º posto (Luis, Iria, J. Martín e Lucía).

A próxima cita será esta próxima fin de semana, na Praia do Orzán, no Campionatos Absolutos de Verán e as categorías de base (infantil, cadete e xuvenil) desprazaranse ata a Praia de Gurugú (Castellón) do 12 ao 17 de xullo para participar nos XXXVI Campionatos de España de Verán.

Foto e información: Club Salvamento Acuático Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia