Eduardo Souto Barca (Carballo, 2000) incorporouse esta tempada ás filas do Sporting Seaia para reforzar o centro do campo, achegando traballo, carácter e criterio co balón.
Formouse nas categorías de base do Bergan e do San Lorenzo, e posteriormente pasou polo Buño. Agora afronta no Sporting Seaia un novo reto, coa ambición de seguir medrando e de converterse nunha peza importante na loita do equipo en cada xornada.
Que foi o que máis che atraeu do proxecto do Seaia?
Vin ao Seaia por amizades, o meu compañeiro de traballo, Erik, co que fixen boas faragullas, foi o que me insistiu para vir, e convencín ao meu irmán Rafa, e Simón que xogase con el en categorías inferiores do Bergan, e Manu, o míster, que tamén tiña relación con el. Entre todos decidín vir para aquí.
Que partido desta tempada pareceuche máis esixente?
Para min, o rival máis complicado é o Oza. A nivel de ritmo están por encima e paréceme que foi no partido que máis sufrimos, a pesar de gañarlles para min é o rival máis completo e máis esixente e que menos che deixa xogar, son moi intensos.
Que sensación está a deixarche a tempada do Seaia?
As sensacións moi bonitas, a verdade, xogo con amigos que viñeron e algún que xa estaba, e aparte co meu irmán, que era o que máis ilusión facíame e hai un bo grupo en xeral e moitas ganas, e sabemos que se nos saen as cousas podemos conseguir o obxectivo que temos, que é quedar na fase de ascenso.
Foto: fotoschimpi




