Eneko Jauregi: a súa entrega e os seus goles son o faro que ilumina o camiño que debe seguir o conxunto ferrolán

Hoxe falaremos dun xogador que está a ser o referente do Racing Club Ferrol, Eneko Jauregi Escobar (1996, Muxika), que chegou nesta presente tempada e apostou por vestir a indumentaria verde cando había fortes rumores de que ficharía polo Málaga.

O dianteiro finalmente chegou á escuadra da cidade naval, e aínda que os resultados do club no plano deportivo non están a ser os mellores, o certo é que Jauregi está a destacar con sobresaliente, o que lle fixo gañarse á afección e ser un dos principais ídolos.

Jauregi, que é o máximo goleador do equipo, suma seis tantos na LaLiga Hypermotion dos nove que leva o conxunto ferrolán. Algúns deles foron goles que lle deron puntos ao equipo, como ante o Málaga, no que asinou un dobrete para empatar 2-2, tamén vería portería na vitoria ante o Elche por 1-0, marcando o único tanto do partido para regalar os tres puntos ao Racing, ou anotando no encontro ante o Tenerife que finalizou por 1-1. Ademais, o ariete sumaría máis tantos na súa conta particular na derrota fronte ao Córdoba por 3-1 e ante o Racing de Santander por 1-2. Na outra competición nacional, a Copa do Rei, Jauregi volveu perforar a rede da portería rival nunha ocasión na vitoria dos galegos ante o Cuarte por 1-3.

Eneko Jauregi ten unha traxectoria dilatada, comezando os seus inicios nas categorías inferiores do Gernika, para posteriormente pasar por clubs como os xuvenís da Real Sociedad e o filial, Cádiz, Córdoba, Atlético Levante, o conxunto grego do Asteras Tripolis, UCAM Murcia, Lleida, San Sebastian de los Reyes e Amorebieta, sendo neste club onde fixo o seu mellor rexistro goleador con quince tantos na campaña 2022/23.

A principal destreza de Jauregi é o seu excelente remate de primeiras que o converten nun nove puro, sendo capaz de revolverse dentro da área ou cazar eses balóns aos que outros non chegarían ou non estarían colocados aí no preciso momento. Tamén demostrou que define moi ben, como a galopada que fixo ante o Elche desde o centro do campo, encarando ao gardameta e sen poñerse nada nervioso, marcando de maneira sutil. O dianteiro vasco é deses xogadores que nos momentos máis delicados do club, aparecen para converterse en heroes.

Foto: Mijanphoto Sports

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia