A Escola Lubiáns continúa coa súa posta en marcha para esta nova tempada na OK Liga Bronce.
O club estase a reforzar e nesta ocasión incorporou a Eudald Cañete (23 anos) procedente do Ripoll e con experiencia na Ok Liga Prata co Liceo para ocupar o rol de dianteiro e aportar un plus de calidade.
En canto as renovacións, o veterán dianteiro Diego Vieites «Chipi» (39 anos, Noia), o canteirán David Castro (19 anos, Carballo) e Manuel Pardo (21 anos, A Coruña), seguirán unha tempada máis formando parte do clube.
Fotos e fonte: Escola Lubiáns