ESCOLA LUBIÁNS: O arranque de liga soñado

O Lubiáns arrinca a tempada na OK Liga Bronce cunha vitoria ante o Oviedo Roller HC por 5-4 no Carballo Calero.

Desde o club do Escola Lubiáns fíxose o seguinte comunicado que resume o partido e as sensacións tras esta primeira xornada:

Pavillón cheo ata a bandeira! 200 persoas animando ata o final! Victoria ante a afección! E emoción ata o último intre! Non se pode pedir máis para este inicio de Ok Liga Bronce!!

Moitas grazas por estar ahí! E parabéns ao @oviedorollerhc polo seu partidazo! Sorte para a tempada, que será larga e moi competida!

Partido que comezaria adiantando no marcador Mikel Abeal ós 5 minutos de partido tras unha xogada individual dende o fondo, na que nada puido facer a defensa asturiana. Pelayo Aspra, un dos xogadores máis destacados do equipo rival poñería o empate 1 tras unha contra rápida e posteriormente de novo Mikel Abeal poñía ó Lubiáns por diante no marcador antes do descanso, nun partido que estaba sendo moi competido e igualado con moitas ocasións para os dous equipos. 

Ó comezo da Segunda parte, un penalti provocado por unha internada de Eudald Cañete sería transformado por Mikel. Chegarían uns minutos no que o Lubiáns viuse afectado por varias decisións arbitrais nas que o colexiado penalizou ata 4 faltas directas en contra que Diego García soubo detener e manter a raia ó conxunto asturiano e que serían clave e moi importante para o resultado final. 

Pelayo Aspra acortaba distancias cun remate polo aire. Faltaban 5 minutos e o Lubiáns gañaba por 1 gol. Foron os minutos nos que o equipo asturiano subía a presión en defensa para tratar de robar bolas e que primeiro Mikel de penalti e depois Manu cun golazo de chut aproveitaton os espacios baleiros para poñer 3 arriba o Lubiáns. 

Pero o partido non rematara, o hóckey é u deporte espectacular no qure todo pode acontecer en cuestións de segundos, Cristóbal Fernandez-Vigil de penalti e de novo Pelayo Aspra recortaban as distancias e os últimos 2 minutos o equipo sufrío a presión do Oviedo Roller que se lanzaba a polo partido con todo. O Escola Lubiáns soubo facer fronte a presión e incluso xenerou ocasións para marcar que non puideron finalizar en gol. Finalmente unha falta provocada polos rivais a falta de 12 segundos suporía a décima falta de equipo, falta de equipo a favor, que executaría Marcos Martinez e non sería quen de realizar, pero o partido xa estaba rematado. Final no Carballo Calero. 5 4 para os locais. Emocionante ata o final. Isto é hockey! Espectáculo puro! 

Forza Lubiáns!!! 

Foto e información: Escola Lubiáns

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas