ESCOLA LUBIÁNS: Terá dúas representantes no Campionato de España Feminino Sub17

As xogadoras infantís, Noelia Castro e Lucía Velo do equipo Escola Lubiáns, participarán no Campionato de España Sub17 que celebrarase en Ponteareas do 24 ao 27 de xuño no pavillón do complexo deportivo Álvaro Pino.

Noelia e Lucía xogarán co HC Raxoi, que solicitou de xeito excepcional á Escola Lubiáns poder contar con elas para competir no campionato ao ser o único representante galego. A xogadora Lucía, de 15 anos, e a porteira Noelia, de 14 anos, disputarán por primeira vez este campionato, tendo así a oportunidade de vivir unha nova e única experiencia de poder competir contra os mellores equipos de España que lograron a clasificación nas súas respectivas federacións. Os equipos cos que competirá o HC Raxoi serán os equipos catalanes do CH Mataró e HC Palau Plegamans, os equipos madrileños do CP Alcobendas e CP Las Rozas, o equipo asturiano do CP Mieres, o conxunto de Castela e León Vettonia Hockey e o conxunto vasco Gatikako Iusturi.

 

Foto da Escola Lubiáns: Noelia Castro e Lucía Velo

 

Na primeira xornada o HC Raxoi xogará co HC Palau Plegamans 0 día 24 ás 18:30 horas. Os outros partidos serán o Gatikako Iusturi contra o CP Las Rozas ás 16:30 horas, o CP Alcobendas contra o Vettonia Hockey ás 20:30 horas e o día 25 ás 9:00 horas o CH Mataró contra o CP Mieres.

A segunda xornada disputarase o día 25 na que o HC Raxoi enfrontarase ao CP Las Rozas ás 13:00 horas. O HC Palau Plegamans xogará co Gatikako Iusturi ás 11:00 horas, o CH Mataró contra o Vettonia Hockey ás 16:30 horas e o CP Mieres co CP Alcobendas ás 18:30 horas.

En canto a terceira xornada, o HC Raxoi terá o día 25 ás 20:30 horas partido co Gatikako Iusturi. O resto de partidos serán desta xornada serán o día 26 co CP Las Rozas contra o HC Palau Plegamans ás 9:00 horas, o CP Alcobendas co CH Mataró ás 11:00 horas e o Vettonia Hockey co CP Mieres ás 13:00 horas.

O club Escola Lubiáns e todo o equipo de Bisbarra en xogo deséxanlles a Lucía e a Noelia: «Moitos parabéns para as nosas! E a disfrutar da experiencia! Alí estaremos animando e apoiando! Forza Lubiáns!!!»

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).