ESCOLA RC DEPORTIVO: Presentación no Concello de Cee

Onte, venres, presentouse en Cee a segunda edición da Escola de Fútbol organizada polo Deportivo da Coruña e o Bergantiños FC – Escolas Luis Calvo Sanz en colaboración co club UC Cee e o Concello de Cee.

O acto desenvolveuse no Salón de Plenos do Concello de Cee e presidírono: Ramón Iglesias, presidente da UC Cee; Juanma Buiturón, concejal de deportes do Concello de Cee; Margarita Lamela, alcaldesa do Concello de Cee; David Iglesias, coordinador da Escola Bergantiños FC – Luis Calvo Sanz; e Pablo Barros, coordinador da Escola Deportivo de La Coruña.

Iniciou o acto o concelleiro de deportes Juanma Buiturón agradecendo a todos os asistentes a implicación neste reto deportivo de futuro. A continuación, o presidente do UC Cee, Ramón Iglesias, destacou. «Somos un club pioneiro do fútbol da Costa con 215 fichas federadas». Seguidamente, a alcaldesa do Concello, Margarita Lamela, dixo que «o Concello de Cee é a primeira sede na Costa da Morte que potencia o fútbol base. A primeira edición foi un éxito rotundo e nesta segunda que iniciamos imos superar as previsións». O coordinador deportivo da Escola do RC Deportivo da Coruña, Pablo Barros, apuntaba que este proxecto transmite un «Sentimento de veciñanza» entre clubes amigos. E pechou a presentación David Iglesias Barca, coordinador da Escola Luis Calvo Sanz agradecendo ás comarcas da Costa da Morte o incremento de fichas nas escolas deportivas de futbol base.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas