FISOBER FSF: Realizou unha gran tempada na Preferente Galicia

O Fisober FSF, baixo a dirección de Fran Toba, callou unha gran tempada 2022-2023 na Preferente Galicia, xa que loitou ata o final polo título de liga co Meigas FC onde ambos os dous equipos sacaron máis de 10 puntos ao terceiro clasificado.

Fran Toba conseguiu traer a ex-xogadoras do Fisober FSF, como foron Patri Romaní e Barca Toba. Elas achegaron un plus importante no cadro de persoal da Costa da Morte e, desde que comezou a tempada, o equipo sempre estivo nos postos nobres da clasificación. As seis primeiras xornadas na terceira praza, e despois sempre na segunda, e mesmo nas tres primeiras xornadas da segunda volta ocupando o liderado da clasificación.

O equipo, que foi subcampión, pechou a tempada gañando ante As Burgas (3-1), rematando a liga con 24 vitorias, 2 empates e 3 derrotas. Marcou 111 goles, repartidos entre Paula (29 tantos), Patri (26), Barca (14), Adriana (13) e Ana (8), e encaixou 51.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia