A Real Federación Galega de Fútbol albergou este xoves día 5 de agosto o sorteo do calendario oficial da 3ª RFRF na sede federativa de Santiago de Compostela e na que participarán 17 equipos.
O formato estará composto dun único grupo de 17 equipos e ao ser impares, cada fin de semana un dos equipos competidores afrontará unha xornada de descanso, comezando oficialmente a liga o fin de semana do 11 e 12 de setembro e rematando o 24 de abril.
PRIMEIRA XORNADA
A SD Sofán xa coñece ao seu primeiro rival nesta nova aventura na 3ª RFEF, recibindo na súa casa ao Club Rápido de Bouzas o domingo 12 de setembro.
CALENDARIO COMPLETO
Podes consultar o calendario completo premendo na seguinte ligazón: CALENDARIO 3ª RFEF
SORTEO
O salón de actos Amancio Amaro da sede federativa de Santiago de Compostela foi o escenario elexido para realizar o sorteo do calendario da 3ª RFEF, presidido polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e membros da xunta directiva da Federación, acudindo ao acto varios representantes dos clubes participantes.
ASCENSOS E DESCENSOS
O director deportivo da Real Federación Galega de Fútbol, Manuel Fernández, explicou aos clubes presentes no sorteo o formato para os ascensos e descensos que terá esta nova 3ª RFEF:
- O primeiro clasificado na fase regular ao termo das 34 xornadas logrará o ascenso á 2ª RFEF de forma directa.
- O 2º, 3º, 4º e 5º clasificado disputarán o playoff de ascenso. O vencedor deste playoff xogará contra o gañador doutro dos grupos da 3ª RFEF.
- Os tres últimos clasificados (15º, 16º e 17º) descenderán de forma directa.
- O 14º clasificado tamén pode descender se no playoff de ascenso un dos equipos galegos non logra o ascenso.
Fotos e fonte de información: Real Federación Galega de Fútbol – Futgal