FUTGAL: Inicio das competicións de fútbol e fútbol sala

A Real Federación Galega de Fútbol xa ten definidas as datas de inicio de todas as categorías masculinas e femininas de fútbol e fútbol sala galego.

Aínda que as datas xa son oficiais, poderían verse modificadas por mor da evolución da pandemia. A Real Federación Galega de Fútbol proporcionará axudas económicas directas para todos os clubes de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia das competicións autonómicas de fútbol masculino, mentres que as competicións autonómicas de fútbol feminino recibirán axudas económicas a desprazamentos para todas as categorías.

COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL MASCULINO

As inscricións están abertas para todas as categorías desde o 21 de xullo.

  • Terceira RFEF: 12 setembro.
  • Preferente Norte: 19 setembro / 26 setembro.
  • Preferente Sur: 19 setembro / 26 setembro.
  • Preferente Galicia: 10 outubro / 17 outubro.
  • Liga Nacional Xuvenil: 19 setembro.
  • Liga Galega Xuvenil: 26 setembro / 3 outubro.
  • División Honra Cadete: 3 outubro.
  • Liga Galega Cadete: 3 outubro.
  • Liga Galega Infantil: 26 setembro / 3 outubro.

 

 

COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL FEMININO

As inscricións están abertas para todas as categorías desde o 26 de xullo.

  • LGF 1ª División Feminina: 3 outubro / 10 outubro.
  • LGF 2ª División Feminina: 10 outubro.
  • LGF F7 Sénior: 24 outubro.
  • LG Cadete Feminino: 17 outubro.
  • LG Infantil Feminino: 17 outubro.
  • LG Promesas Feminino: 17 outubro.

 

 

COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA

As inscricións están abertas para todas as categorías desde o 27 de xullo.

  • Terceira División: 19 setembro.
  • Preferente Galicia: 3 outubro.
  • Preferente Galicia Feminina: 19 setembro.
  • Autonómica Xuvenil Masculino: 19 setembro.
  • Autonómica Xuvenil Feminino: 8 decembro.
  • División Honra Cadete: 26 setembro.
  • Autonómica Cadete Masculino: 19 setembro.
  • Autonómica Cadete Feminino: 3 outubro.
  • Autonómica Infantil Masculino: 26 setembro.
  • Autonómica Infantil Feminino: 3 outubro.
  • Autonómica Alevín Masculino: 26 setembro.
  • Autonómica Alevín Feminino: 8 decembro.

 

 

Fotos e fonte de información: Real Federación Galega de Fútbol – Futgal

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).