OUTES FC: Exhibiu a súa hexemonía no fútbol base da Costa

O Outes FC exhibiu a súa hexemonía na tempada 2020-2021 ao alzar o título das tres categorías de xuvenil, cadete e infantil. O broche final tivo lugar no campo municipal Fontenla, de Santa Comba. Alí déronse cita as seis mellores escuadras nas tres categorías nas finais.

XUVENIL

O Outes FC xuvenil, baixo a dirección de Fernando García Cuesta, conseguiu gañar a final xuvenil fronte á SD Sofán, da que é responsable Marco López Rodríguez, “Cantudo”. Ao final do encontro, o marcador reflectiu 3-1. Na fase de ascenso á liga galega xuvenil, o Outes FC caeu fronte ao Cidade de Ribeira CF nas semifinais, en Porto do Son (3-0).

  • Outes FC: Anxo; Xavi, Priegue, Perol, Núñez; Óscar Farinós (Óscar Calo, min 82), Anxo (Martín, min 46), Teijo, Roberto (Adrián, min 75); Uxío (Rubén, min 46) e Siso ( Ryan, min 57). 
  • SD Sofán: Mario; Puñal (Samu, min 79), Yoel, Iván Fernández (Brais Caamaño, min 76), Raúl Rodríguez; Manu Castro (Souto, min 64), Cristian (Hugo Canedo, min 86), Esteban, Pita (Luís, min 57); Brais Espasandín e Raúl Varela.
  • Goles: 1-0, min 17: Pita; 1-1, min 50: Roberto; 1-2, min 65: Ryan; 1-3, min 86: Teijo.

 

O Outes FC xuvenil de Fernando García Cuesta, utilizou os 16 xogadores convocados para a final fronte a SD Sofán

CADETE

O Outes FC cadete que adestra Manuel Sieira Sieira, superou na final ao UC Cee, que estivo baixo a dirección de Rubén Martínez Sande, nun encontro no que sempre estivo por diante, para concluír co 3-1. Na fase de ascenso á liga galega cadetes, o Outes FC foi eliminado polo Cidade de Ribeira CF nas semifinais en Porto do Son (3-1).

  • UC Cee: Jorge ( Yerai, m in 4 1); Antón, Juan, I ago (Matteo, min 41), Gabry (Isma, min 41); Adrián, Bujeiro, Anxo (Dani Fontaíña, min 56), Keko; Trini e Lojo (Iván Blanco, min 64).
  • Outes FC: Ryan; Rubén, Sergio, Víctor, Lois; Tajes (Héctor, min 43), Eloy, Nico, Hugo (Dani Tejero, min 67); Aarón (Iván, min 78) e Dani (Marcos, min 57).
  • Goles: 1-0, min 17: Pita; 1-1, min 50: Roberto; 1-2, min 65: Ryan; 1-3, min 86: Teijo.

 

O Outes FC cadete de Manuel Sieira Sieira utilizou aos 15 xogadores na final fronte ao UC Cee

INFANTIL

O Outes FC, baixo a dirección de Carlos Romero Martínez, tivo que recorrer á quenda de penatlis (5-4), para superar ao UC Cee de Abraham Ríos Fidalgo. Empate no partido (3-3). Na fase de ascenso á liga galega infantil, o Outes FC caeu fronte ao EFM Concello de Boiro nas semifinais no campo A Baña (Rois): 3-2.

  • Outes FC: Freire; Tourea, Yago Antelo, Fabián, Rey; José, Iván, Tejero, Sergio; Brais e Eloy. Tamén xogaron Pedro, Mateo, Yago Beiro, Hugo Sieira e Xabi.
  • UC Cee: Manuel (Martín Fontaíña); Álex, Samuel, Ismael, Roberto, Arturo; Trindade, Calos Suárez, Juan Emilio; David e Xan. Tamén xogaron Aitor, Jonathan, Juan e Xavier Lago.
  • Goles: 0-1, min 8: David; 0-2, min 15: David; 1-2, min 20: José: 2-2, min 38: Eloy -descanso-; 3-2, min 66: Sergio; 3-3, min 78: Xan.
  • Quenda dos penaltis: 0-1, Ismael; 1-1, Sergio; 1-2, Carlos Suárez; 2-2, Fabián; 2-3, Trindade; 3-3, Tejero; Roberto, fóra; 4-3, José; 4-4, David; 5-4, Eloy.

 

O Outes FC infantil de Carlos Romero Martínez utilizou aos 16 futbolistas na final fronte ao Unión Club Cee

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas