Se a semana pasada logrou a histórica suma de 110 goles no Racing de Ferrol, onte seguiu logrando máis tantos cun dobrete ante a Cultural Leonesa.
O dianteiro do Racing de Ferrol, Joselu, chegou a semana pasada aos 110 goles converténdose no máximo goleador da historia do Racing. Conseguiu empatar con 109 goles a Pablo Rey, outro histórico do Racing, cando logrou un dobrete contra a SD Logroñés e na seguinte xornada contra o Sanse, case consegue desempatar desde o punto de penalti, pero fallou. Finalmente, logrou superar a Pablo Rey tras anotar na xornada pasada ao CD Calahorra.
Nesta xornada, Joselu segue a sumar tantos, ao lograr ante a Cultural Leonesa un dobrete, o primeiro tras unha boa xogada de Héber que remata Joselu cun golazo e o segundo de penalti, que lle deu os 3 puntos a un Racing que ilusiona.