O técnico do Escola Basket Xiria analiza a tempada.
“A tempada comezou de maneira un pouco complicada, por mor de lesións ou baixas, destacando que perdemos aos dous pivotes e tivemos que adaptarnos a xogar sen ningún grande na pista. Iso obrigounos a xogar con moita intensidade defensiva, a correr moito, xogar moi abertos e tirar moito a canastra. O equipo foi integrando ben ese novo estilo de xogo, tivemos unha primeira fase da tempada onde ao equipo costoulle mais, pero co paso das xornadas o equipo foi mellorando, tanto no día a día dos adestramentos, como nos partidos. Posteriormente afrontamos unha serie de partidos consecutivos ante os equipos mais fortes da categoría de maneira consecutiva, onde acumulamos derrotas, pero é unha fase da tempada pola que teñen que pasar todos os equipos. O equipo, a pesar deses resultados, competiu moi ben e nos seguintes encontros chegaron os premios en forma de vitorias, xa que levamos moitas de maneira consecutiva ante equipos que aínda que podían superarnos no aspecto físico, os xogadores foron capaces de superalos gracias ao seu esforzo, a entender moi ben o noso novo estilo de xogo e de sobrepoñerse as adversidades. O equipo é capaz de crer e de saír a competir en cada partido, sexa quen sexa o rival que teñan diante e falte quen falte, tendo unha mentalidade moi clara de equipo.”
“Agardamos a curto – medio prazo poder conseguir a permanencia para poder competir unha nova tempada na Liga EBA, unha categoría moi bonito. Con todo, non nos marcamos obxectivos a longo prazo, a clave é facer un bo traballo semanal para preparar os partidos de cada fin de semana, sacando os puntos que poidamos sacar co noso esforzo e traballo. Se temos a sorte de conseguir bos resultados, intentaremos loitar por quedar o mais arriba posible, pero o que si teño claro e que o equipo vai a competir ben sempre na pista independentemente do rival co que xoguemos.”