Falamos coa campioa do Cabreiroá Junior Pro, a tahitiana Aelan Vaast, que tamén participou no Abanca Pantín Classic Galicia Pro.
Como foi a túa experiencia surfeando as ondas de Galicia?
As ondas galegas son moi divertidas para surfear cando hai certo tamaño, podes ter un bo longo a dereita e esquerda.
Que diferenza hai entre estas ondas e as do resto do mundo?
Parécese ás ondas francesas. A auga é realmente fría, pero fermosa e transparente todo o tempo.
Gustaríache volver competir aquí o próximo ano?
Sempre é divertido competir nun lugar tan fermoso, así que si, gustaríame, pero o camiño para ir desde Francia é un pouco longo.
Que consello darías á xente nova que queira seguir os teus pasos?
Necesitas divertirche sempre e sentirche ben con todo, ademais de aproveitar para viaxar a descubrir novos lugares e coñecer novas persoas e culturas.