O santiagués Manu Gómez e a xalleira Patricia Álvarez, os vencedores da competición organizada por Tabeirón Deportivo Baio.
O santiagués Manu Gómez Canabal, do Club Atletismo Lousame, e a xalleira Patricia Álvarez Rey, do Tabeirón Deportivo, foron os vencedores da distancia longa do III Trail dos Foucellas que organizou perfectamente Tabeirón Deportivo Baio. Na cita competiron 204 dos 251 atletas rexistrados (54 na distancia longa e 150 na curta). A xornada estivo marcada polo bo tempo e a esixencia do percorrido coas subidas ao Monte Castelo e ao Corte das Cabras, respectivamente. Ademais do puramente deportivo, os organizadores recrearon a historia antifranquista de Benigno Andrade cos foucellas e os Garda Civís dando colorido á competición.
Na distancia longa, 27 quilómetros, venceron Manu, cun tempo de 2 horas, 22 minutos e 49 segundos, e Patricia, con 3 horas, 23 minutos e 17 segundos, e no traxecto curto, de 14 quilómetros, os primeiros foron o atleta de Silleda Sergio Requeijo Requeijo, do Atletismo Arenteiro, e a lalinense Lucía Peón Santomé, tamén do Atletismo Arenteiro.
Repartíronse 25 trofeos de madeira nas categorías absoluta, sénior e máster, tanto na curta como na longa, así como os primeiros do Concello de Zas, socios do Tabeirón e mellores equipos. A xornada concluíu coa degustación dos callos, xa tradicionais nas dúas primeiras edicións. Todos os participantes destacaron a gran organización que levou a cabo os integrantes da Tabeirón Deportivo de Baio.
Trail longo masculino:
1. Manu Gómez Canabal (Santiago) 2:22:49
2. Gabriel Castiñeira Pais (Vimianzo) 2:25:32
3. Óscar Guerra Magán (Cambados) 2:26:05
4. Quito González Varela (Ponteceso) 2:26:34
5. Alejandro González González (Sada) 2:37:01
6. Fco. Ramón Oubiña Divos (Illa de Arousa) 2:39:21
7. Luís Cabanas Bocija (Culleredo) 2:39:47
8. Diego Pérez García (Bueu) 2:40:15
9. Juan José Belo García (Negreira) 2:40:56
10. Iván Solís Pose (Santa Comba) 2:40:56
Trail longo feminino:
1. Patricia Álvarez Rey (Santa Comba) 3:23:17
2. Elena Torea Torea (Lousame) 3:30:12
3. Geli López Vilas (Arteixo) 3:35:39
4. Isabel Reimúndez Suárez (Betanzos) 3:42:30
5. Carmen Mª Casal Llorente (A Coruña) 4:00:59
Trail curto masculino:
1. Sergio Requeijo Requeijo (Silleda) 1:21:20
2. José Rodríguez Espasandín (Zas) 1:23:10
3. Kiko Lago Santiago (Brens-Cee) 1:25:13
4. Míchel Antelo Lema (Vimianzo) 1:26.30
5. Miguel Parcero Espiño (Silleda) 1:26.37
6. Carlos Agra Rial (Illa de Arousa) 1:28:03
7. Iván Romero Domínguez (Zas) 1.28:31
8. Pablo Lema (A Coruña) 1:30:27
9. Marcos Mayo Fagrofojo (Rois) 1:30:46
10. Martín Rego Pouse (Vimianzo) 1:31:10
Trail curto feminino:
1. Lucía Peón Santomé (Lalín) 1:42:01
2. Apolonia Bermúdez Canosa (Arou) 1:43:46
3. Laura Felípez Rodríguez (A Coruña) 1:52:12
4. Mª Lourdes Vázquez Gómez (Monforte) 1:53:56
5. Ana Lorena González García (Baio) 1:54:31
6. Teresa Castro Villaverde (Vimianzo) 1:55:24
7. María Calvo Vermello (Baio) 1:56:59
8. Carmen García García (Santiago) 2:02:03
9. Mada García Abalo (Pontecesures) 2:02:49
10. Elizabeth Emmanuel Ogala (Ordes) 2:09:17