III CARREIRA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN: Preto de medio milleiro de persoas inscribíronse

Un total de 486 persoas están inscritas na terceira edición da Carreira nocturna Cidade de Narón que se celebrará este sábado.

Así o indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que destacou o traballo realizado en colaboración co Club Pasa ou Entorna para organizar un ano máis esta convocatoria. Os primeiros corredores, os nenos e nenas, sairán ás 20.00 horas, se ben dende as 21.30 sairán as restantes categorías dende a mesma ubicación, donde tamén estará a meta.

Do total dos inscritos 317 correspóndense coa categoría de adultos; 20 coa de lebres, 40 coa de coellos, 33 coa de coelliños e 76 coa de gazapos, tal e como figura nas inscricións. A distancia que correrán as categorías inferiores será dun máximo de 1,2 quilómetros –en función da idade- e cada participante recibirá unha medalla e un agasallo final. As categorías superiores percorrerán por varias rúas da cidade un tramo total de sete quilómetros: Sénior, Veterán A, Veterán B e Veterán C. Haberá premios para os tres primeiros clasificados na proba e para os tres primeiros de cada categoría e un agasallo para cada corredor e corredora de maior idade.

Tras saír da praza de Galicia, o percorrido de sete quilómetros discurrirá polas rúas 10 de Marzo, Souto Vizoso, o cruce da Faísca, a estrada de Castela, os cruces da Ferrolana e da Gándara, as rúas Lleida, Cataluña, Camiño da Praia, estrada do pavillón, rúa José Alvariño, estrada da Gándara, ponte de Lóngaras, Souto Vizoso, zona da Picota, Camiño do Castro, igrexa de Lodairo, avenida Miguel de Cervantes, Camiño do Pino, rúa San Andrés e rúa 25 de Xullo para rematar na Praza de Galicia. Dende o Concello solicítanse desculpas polas posibles molestias ocasionadas nas restricións de tráfico que se irán realizando ao paso dos corredores polos diferentes viais da zona urbana durante este evento deportivo.

Nesta edición haberá tamén un un premio especial para o corredor e a corredora que percorran en menor tempo o tramo da subida de “A Picotiña”, un tramo especial e cronometrado que estará sinalizado pola organización e dunha lonxitude de 450 metros aproximadamente.

Info e foto: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas