O Somozas seguirá contando por segunda tempada consecutiva co centrocampista de perfil ofensivo, Iñaki Leonardo Gómez (Ferrol, 2001), que seguirá achegando a súa enorme calidade e intensidade en cada partido.
O ferrolán é un xogador que moi pronto se gañou o agarimo de toda a bancada somocense pola súa entrega no terreo de xogo e conta cunha dilatada traxectoria que se iniciou nas categorías inferiores do Racing e do Dépor, sendo convocado nunha ocasión polo primeiro equipo ferrolán, xogando posteriormente nas Pontes, Arzúa, o Fabril e no Arosa.
Que destacarías máis da túa primeira tempada no Somozas?
Pois a pesar de que fose unha tempada difícil para o club, quedo co esforzo de todos para sacar adiante o ano, todo o mundo dábanos por descendidos xa, nas últimas dez xornadas. O trato que hai do club cara aos xogadores é unha pasada e o nivel de instalacións é espectacular tamén e agora que cambiaron o campo de adestramento mellor aínda.
Que esperas desta segunda tempada?
Pois espero que sexamos un equipo que compita en todos os partidos cunha identidade e a partir de aí ver onde nos pon a clasificación e pelexar polo que se poida.
Que compañeiros e rivais che sorprenderon máis?
Pois os que máis me marcaron son os meus amigos, que son cos que comparto o día a día en Ferrol e son todos do fútbol, e rival, pois xoguei contra moitos bos, podería facer unha lista longa.
Como fas para manexar a presión nos partidos importantes?
Pois a manexo ben, son os partidos que máis me gusta xogar e nos que máis rendo, oxalá xogar cada finde partidos importantes. A clave é a confianza que che dean e a que teñas ti mesmo.
Como te preparas para un partido, física e mentalmente?
Pois nada especial, son moi tranquilo e sempre estou moi relaxado ata o momento que empeza o partido. Fisicamente tento estar ben toda a semana para chegar ben ao partido.
Fotos: Sadmoody241




