INTASA SAN SADURNIÑO: O conxunto que dirixe Diego Taboada loitará esta tempada por volver á elite do voleibol

O Intasa San Sadurniño ten como obxectivo loitar esta tempada polo ascenso á Superliga.

O Intasa San Sadurniño, que esta tempada dirixe o galego Diego Taboada procedente do Emevé Lugo, mostrouse moi activo durante a pretemporada, onde o equipo de Ferrolterra conquistou a XXXIX Copa de Galicia tras superar ao Boiro nun gran partido entre ambos os conxuntos chegando a 5 sets cun resultado de 2-3 a favor, e disputando a XX edición do Trofeo Concello de San Sadurniño, quedando en cuarta posición onde tamén participaron o Emevé Lugo, o Boiro e o Textil Santanderina.

No que respecta á Superliga 2, o Intasa comezou a tempada desprazándose ata as Illas Canarias para medirse ao Tenerife Sur, onde caeu por 3-2 ante os canarios con parciais de 15/25, 25/19, 22/25, 26/24 e 15/13.

Na segunda xornada, os de Diego Taboada recibiron ao Grupo Egido Pinto no Pavillón Municipal de San Sadurniño, onde se impuxeron por un contundente 3-0 con parciais de 25/20, 25/17 e 25/20.

Na terceira xornada, o Intasa novamente xogou en casa, nesta ocasión ante o CV Collado Villalba, vencendo por 3-0 con parciais de 25/11, 25/19 e 25/22.

Os de San Sadurniño levan un balance de 2 vitorias e 1 derrota, logrando un total de 256 puntos a favor e 212 puntos en contra.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas