Isma Fernández “Izzy”: “O BBCA converteuse nunha familia para min”

Nesta ocasión falamos cun dos referentes do conxunto masculino do Baloncesto Base Costa Ártabra, Ismael Fernández “Izzy”, que esta tempada está a realizar uns grandes números como máximo anotador do equipo con 199 puntos e lidera o ranking da Primeira División.

Que é o BBCA para Izzy?
Tras tantas tempadas seguidas aquí converteuse nunha familia para min, e creo que ese é un dos puntos polos que o club segue apostando polo baloncesto senior masculino despois de que o resto de clubs non puidesen asumilo economicamente.

Que momento é o que máis che marcou como xogador do BBCA?
Difícil pregunta (risas), creo que che diría cando na primeira tempada rompinme o nocello e non puiden competir na fase final de ascenso que organizamos en Caranza. Perdemos diante do pavillón a rebentar e non puiden facer nada. Conseguín recuperarme en 6 meses e ascender ao ano seguinte.

Es o máximo anotador do equipo e da liga. Estamos ante unha das túas mellores versións?
Pois a verdade que non me parei a pensalo, ao final xa non teño 20 anos e o corpo responde doutra forma e teño que ir adaptándome ao estilo de xogo que podo ofrecer. Se esta é unha das miñas mellores versións, quero pensar que iso significa que aínda queda Izzy para longo!

Nas vacacións é moi habitual verche participar nos 3×3. Veñen máis para o próximo verán?
Hai uns anos descubrimos o 3×3 FIBA e enganchounos, así que teño claro que algo tentaremos lear! Agora mesmo Hoops está en trámites de crear a entidade deportiva oficialmente e espero que pronto haxa noticias que compartir e volva estar no punto de mira.

Foto: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras