A beirado do BBCA, Irene Aller, está sendo unha das xogadoras máis destacadas do equipo feminino da Primeira Nacional, acumulando 253 puntos que a levaron ao top 10 de máximas anotadoras grazas ao seu gran xogo exterior e ao seu poderío interior, logrando ante o Seis do Nadal o seu maior rexistro anotador con 22 puntos, e ante o Embutidos Pajariel o seu mellor partido con 29 puntos de valoración.
Irene Aller analizou a campaña do equipo comentando que “empezamos a tempada con moitas ganas e ilusión de debutar na Primeira Nacional Feminina, como premio ao noso esforzo do ano pasado. Entre as xogadoras hai unha boa relación, tanto dentro como fóra das pistas, reflectíndose así nos resultados obtidos no que levamos de tempada”, engadindo sobre si mesma que “persoalmente trato de mellorar cada día, aprender dos meus erros e esforzarme ao máximo en cada adestramento. Estou moi a gusto co equipo que formamos e temos que seguir traballando duro ata o final”.