Noe Gómez: “A Terceira Federación é unha experiencia incrible”

A xogadora revelación do Bergantiños nesta tempada está a ser a centrocampista ofensiva Noelia Gómez (A Coruña, 2005), que chegou durante o mercado de verán tras unha vida deportiva dedicada ao Orzán.

A coruñesa, coa súa xuventude, calidade, velocidade, visión de xogo e a súa facilidade para atoparse co gol, integrouse completamente ao conxunto carballés desde o primeiro momento, destacando Noe que “a miña adaptación no Bergan a verdade é que foi moi boa, tanto xogadoras como adestradores incluíronme moi ben desde o primeiro momento e enténdome moi ben con elas, tanto dentro como fóra do campo”.

Tras varias campañas no conxunto herculino nas autonómicas de Segunda e Primeira, está a afrontar unha tempada no competitivo campionato nacional, do cal opina que “a verdade que a Terceira Federación é unha liga dura, os equipos son fortes e teñen xogadoras con moito nivel”, engadindo que “a pesar diso, é unha experiencia incrible e estame achegando moita aprendizaxe”.

Noe deixou na hemeroteca do club o marcar o primeiro tanto na Terceira Federación ante o coruñés Victoria na terceira xornada, e ademais, con dez tantos é a máxima goleadora do equipo, estando a sete de igualar o seu mellor rexistro persoal, para o que Noe sente “satisfeita de como estou a evolucionar pouco a pouco como xogadora, ao final tento dar o mellor de min e creo que se está reflectindo no momento de marcar goles”.

Foto: Bergantiños FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras