A polivalente e talentosa Laura Izard Coello (Vigo, 2003) converteuse nunha peza crave para o Bergantiños.
Cos seus inicios futbolísticos no Lavadores, cos rapaces, e o seu posterior salto aos equipos femininos do Sárdoma e tamén do Lóstrego, Izard aterrou este mercado de verán nas filas do conxunto carballés para achegar a súa versatilidade, velocidade, regate, gran disparo, visión de xogo, desborde, calidade e infinidade de recursos técnicos como extremo ou carrilera. Esta tempada marca un novo capítulo na súa carreira, tras demostrar o seu potencial na categoría nacional e converterse nunha das xogadoras máis prometedoras do proxecto liderado por Raúl Martos.
Que levoute a fichar polo Bergantiños este verán?
Pois cambiar de aires por completo, que persoalmente necesitaba, e entre outros motivos, pois volver conseguir esas ganas que me facían falta para seguir xogando, volver gozar, mellor dito.
Tes algunha meta persoal para esta campaña 2025/26?
Pois meta persoal como tal non, pero o tentar dar o mellor para o equipo sempre que poida, si, e que se podemos optar a estar co equipo que temos consolidado aí arriba na táboa entre os tres primeiros, doume por satisfeita.
Quen foi a túa maior inspiración na túa carreira deportiva?
A miña inspiración desde pequena, pois me gustaron moito Messi ou Neymar polas súas calidades notorias e que me chamaba a atención de todo o que eran capaz de facer co balón nos pés.
Foto: Bergantiños FC




