Lara López: “A nosa maior fortaleza está a ser a solidez defensiva”

Lara López Suárez (A Coruña, 2001) é o corazón palpitante do Bergantiños, onde brilla na súa quinta tempada como capitá.

Formada nas filas do Orzán e do Dépor B, Lara domina o mediocampo cunha mestura de elegancia e forza, dando equilibrio entre a defensa e o ataque, distribuindo pases con precisión quirúrxica e recorrendo o terreo de xogo cun despliegue incansable. A súa intensidade ao recuperar o balón e a súa visión de xogo convértena nun piar imprescindible, un verdadeiro motor que impulsa ao equipo cara á vitoria.

Como estás a ver ao equipo este ano?
Despois da tempada pasada, que foi bastante complicada, o noso obxectivo era tentar ser regulares e competir con todos os equipos da categoría. Creo que o estamos conseguindo, dando a cara ante rivais complicados, aínda que se nos escapen puntos nalgúns partidos. Sobre todo, tendo en conta as numerosas baixas que estamos a ter.

Cal é a maior fortaleza que ten o equipo?
A nosa maior fortaleza está a ser a solidez defensiva, encaixando poucos goles. Sumado ás transicións rápidas e unha intensidade alta, está a permitirnos gañar partidos que están moi igualados.

Que che segue motivando despois de tantas tempadas no club?
Temos un bo grupo dentro do vestiario, un ambiente bo que fai que queiras ir adestrar. Doutra banda, despois de conseguir manter a categoría o ano pasado quería gozar este ano do conseguido.

Foto: Bergan FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas