Laurita “Estou moi orgullosa”

Na factoría inesgotable de talento de Ferrolterra asoma con forza Laura García Marcial (Ferrol, 2011), “Laurita”, á-peche do Lago Sport, club no que se formou.

O seu crecemento non pasou desapercibido, sendo convocada coa selección galega sub-16 para o Campionato de España, onde asinou un brillante subcampionato. A súa evolución tamén a levou a debutar co Valdetires polo convenio de filialidade entre os clubes, sumando experiencia nun contexto de máxima esixencia. Antes xa demostrara a súa paixón polo balón no fútbol campo, no Narón O Freixo e Amistade.

Potente no disparo, intelixente na toma de decisións e con recursos técnicos que desequilibran no un contra un, Laurita apunta moi alto.

Ademais do Lago, participaches co Valdetires e coa sub-16 galega. Que tal a experiencia?
Si, xoguei co Valdetires de Segunda e a verdade é que estou moi contenta, e tamén coa selección galega sub-16. Foi unha experiencia incrible, as compañeiras moi ben, levámonos todas moi ben, que ao final é o importante, levarse ben todas. Os partidos que xogamos loitámolos todos ao douscentos por cen, e iso fixo que chegásemos á final, pero esta vez non puido ser. Aínda que fixemos unha final moi boa, non demos gañado, pero bo, ás veces ganas e ás veces perdes, así é o fútbol. Démolo todo, que era o importante, e acabamos subcampioas de España e case ninguén ten esa oportunidade de conseguilo, e a experiencia foi espectacular. Tamén marquei un gol na segunda xornada que celebrei moitísimo e dediqueillo ás mellores persoas que coñezo no fútbol sala, que me estiveron apoiando sempre desde o primeiro momento, que son Andre Montero, Azuleima e Aitana, que xa me dixeran que tiña que dedicarlles un gol si ou si. Cumprín a miña palabra e estou moi orgullosa.

Que fai ao Lago Sport tan especial?
Pois para min, os anos que levo co Lago Sport a verdade que teñen a moi bos adestradores que confiaron en min unha chea e que estou moi agradecida de coñecelos. Ensináronme moitas cousas: respectar, compañeirismo, humildade e nunca agachar a cabeza e seguir adiante, e grazas a eles, estou agora mesmo aquí gozando dun Campionato de España.

Que che está parecendo a Preferente?
Pois a verdade que é unha categoría moi complicada, porque á fin e ao cabo é unha nova división na que todo é máis duro que a anterior categoría, pero eu creo que non o estamos facendo mal, pero si que é verdade que hai que mellorar algunhas cousas que temos por aí, pero por agora, eu creo que para ser o noso primeiro ano non está tan mal, a verdade, e agora hai que loitar todos os partidos para seguir nesta categoría o ano que vén e eu creo que coas compañeiras que teño, que confío moito nelas, podemos lograr quedarnos en Preferente o ano que vén.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas