JIMENA ALLEGUE E CARMELA GARCÍA: Gran actuación no Campionato de España coa selección galega alevín

As xogadoras do Narón O Freixo, Jimena Allegue Martínez e Carmela García López, participaron no combinado galego alevín feminino dirixido por Pili Costa e co que acadaron o terceiro posto no Campionato de España celebrado en Murcia do 3 ao 7 de maio.

Jimena e Carmela formaron parte da convocatoria xunto a Sofía Martínez (Poio FS), Uxía Pascual (EDC Celanova), Noa González (CD La Peña), Zaira Martínez (Campito FS), Xiana Pardo e Sara Barros (CD Seguridade Galega), Claudia Brianso (Club Labor), Alma Díaz (Club Ribeira FS), e Valentina Fernández e Rocío González (Viaxes Amarelle FSF).

As de Ferrolterra tiveron unha gran actuación no campionato, formando parte do quinteto inicial e onde aportaron un total de cinco goles, tres de Jimena e dous de Carmela.

Na fase de grupos, as galegas venceron na primeira xornada ao Castilla La Mancha por 5-2 con tantos de Noa, Claudia (3) e Uxía, mentres que polas rivais marcaron Miriam e Aitana. Tanto Jimena, como Carmela, formaron parte do quinteto inicial.

Na segunda xornada, o combinado galego sumou unha nova vitoria tras golear a Melilla por 11-0 e onde as de Ferrolterra participaron con dous goles por parte de Jimena e un de Carmela. Ademais, marcaron Claudia, Zaira, Uxía, Noa (3), Sara e Xiana.

As de Pili Costa fixeron o pleno na fase de grupos tras superar na última xornada a Madrid cunha nova goleada, nesta ocasión por 9-0, con tantos de Claudia (2), Zaira, Carmela, Jimena, Sara (3) e Alma.

Nas semifinais as galegas deixaron boa imaxe a pesar da eliminación ante Andalucía por 1-3, nun encontro no que as galegas adiantáronse no marcador co tanto da xogadora de Ferrolterra, Jimena, pero as andaluzas remontaron cos goles de Cayetana, Alma e Jennifer.

Fotos: Javi Allegue

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas