José Antonio Durán Rivas (Lugo, 1974) é o sexto adestrador na época de Luciano Calvo Pumpido como presidente do Bergantiños FC, nos once anos que leva á fronte. A chegada do técnico lucense produciuse o martes, 17 de xaneiro, cando foi presentado polo propio presidente aos medios.
Así, queda atrás un tempo no que José Luis Lemos foi adestrador nas últimas dúas tempadas e media. A chegada de José Durán debería supor un cambio na carreira deportiva, xa que o equipo está en postos de descenso, a oito puntos de saír da zona perigosa nesta Segunda RFEF.
José Antonio Durán Rivas, futbolísticamente, José Durán, foi o máximo candidato para ser o novo adestrador do Bergantiños FC durante o que resta de tempada 2022-2023 na Segunda RFEF e así o confirmou finalmente á directiva rojilla.
José Durán ten unha longa traxectoria no banco. O seu club habitual foi o Club Deportivo Lugo, primeiro como xogador, e despois como adestrador (1998 a 2005), para continuar no Club Deportivo Foz (2005-2006 e 2008 a 2010), Viveiro CF (2007-208), Club Deportivo Lugo xuvenil (2019 a 2016), Club Deportivo Lugo (primeiro equipo 2016 de Segunda División), CD Lugo “B” (2016-2020) e o seu último club K Rupel Boom FC, de Bélgica. . Antes de chegar ao fútbol, estivo involucrado como preparador físico e máis tarde como adestrador de baloncesto.
Un dos grandes desexos deportivos de José Durán, de 48 anos, era ser adestrador do Bergantiños FC. O lucense é licenciado en Educación Física, adestrador e empresario, e tivo contactos no pasado co equipo de Carballo.
O debut de José Durán foi a visita do Gimnástica de Torrelavega (0-1) e a presentación será o vindeiro domingo fronte ao líder Arenteiro nas Eiroas.