BILLARDA: 8ª xornada
A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha). 2º Valentin(Filloas de Sangue – A Coruña). 3º Juan (APB). CATEGORÍA FEMININA: 1ª Mercedes (APB). 2ª Delia (Chaínzos Cadaval – Castro de Rei). 3ª Marisa (Lúa de Forza – Sanxenxo). […]
ELENA VÁZQUEZ: Terceiro partido coa selección española Sub-17
A carballesa Elena Vázquez Brandón xogou desde o minuto 60 coa selección española Sub-17 fronte a Alemania no Marbella Football Center o pasado 12 de xaneiro. O combinado nacional, que venceu por 4-0, tivo a Elena na parcela de central destra. A zurda carballesa, que luciu o dorsal número16, demostrou unha facilidade de desprazamento de […]
ANDRIJA BARAC: O debut do serbio
A última fichaxe do Basket Xiria, o serbio Andrija Barac debutará a próxima semana co equipo e un activo importante para o que falta da competición na segunda volta. O debut será na cancha do Porriño. Andrija Barac (Kosavska Mitorvica-Serbia, 2002) chegou a Carballo o 3 de decembro e ata o 22 de xaneiro non […]
VÍTOR RECAREI: O carballés deixou de ser oficialmente o subdelegado da Delegación de Árbitros de Fútbol da Costa
Vítor Recarei Añón (Carballo, 1982) desde o 10 de xaneiro do presente ano deixou de ser o subdelegado da Delegación de Árbitros de Fútbol da Costa. Vítor asumiu ese cargo desde a creación da subdelegación, que tivo lugar en xaneiro do 2017, e comezou a funcionar como tal na campaña 2017-2018. Nesa tempada, o colectivo […]
ADRIÁN LÓPEZ «MAKAAY»: O regreso do capitán
O capitán da SD Fisterra, Adrián López, “Makaay”, regresou na xornada 18 (SD Fisterra – At. Coruña Montañeros, 2-2) ao fútbol despois da súa prolongada ausencia por unha lesión. O seu último choque foi na rolda 5ª. O certo é que a presenza do dianteiro, que entrou no Ara Solis no minuto 58, foi determinante, […]
FABIO: O ceense, nas filas arteixán
Un dos reforzos no equipo do Atlético Arteixo de Juan Riveiro foi o centrocampista Fabio González Antón (Cee, 2000), que chegou procedente do Fabril. O debut tivo lugar na Lomba nun Arosa SC – At. Arteixo (3-1). Desde ese momento, e van seis encontros, o futbolista ceense sempre entrou no once titular do equipo, achegando […]
JOSÉ DURÁN: O lucense é o sexto técnico da época presidencial de Luciano Calvo no Bergantiños FC
José Antonio Durán Rivas (Lugo, 1974) é o sexto adestrador na época de Luciano Calvo Pumpido como presidente do Bergantiños FC, nos once anos que leva á fronte. A chegada do técnico lucense produciuse o martes, 17 de xaneiro, cando foi presentado polo propio presidente aos medios. Así, queda atrás un tempo no que José […]
BELINDA: A voz da Grixa
Un dos recintos onde mellor captarán os afeccionados á Liga da Costa é o campo municipal da Grixa, na Ponte do Porto. A animación de cada partido do Porteño CF ten nome e apelidos: os irmáns Parga Lapido. Ela, Belinda Parga, é a voz, el, Francisco Parga Lapido, “Fran”, achega os acordes co seu bombo. […]