XOGANDO CON FUTGAL: Participaron uns 300 menores

Uns 300 menores participaron na xornada “Xogando con Futgal” no pavillón polideportivo da Gándara.

O Concello, a Real Federación Galega de Fútbol e a Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo, organizaron a iniciativa “Xogando con Futgal”. Trátase dunha proposta de fútbol sala dirixida a menores de 6 a 11 anos nas categorías pre-benxamín, benxamín e alevín que se desenvolveu no complexo polideportivo da Gándara e na que participan preto de 300 menores.

As rapazas e rapaces xogaron en catro pistas inchables simultáneamente, formando equipos con cinco xogadoresun porteiro, tres xogadores e outro para o cambio. Dende a organización apostouse por impulsar por por primeira vez na cidade esta actividaderecreativa e formativa de promoción do fútbol sala creada pola Real Federación Galega de Fútbol, que resultou todo un éxito, tal e como asegurou o concelleiro de Deportes, José Oreona.

A cita ten tamén un carácter solidario, polo que as persoas que o desexen poderán doar –nun espazo habilitado para este fin- produtos non perecedoiros que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Este punto de doazón manterase durante as datas do Nadal no pavillón polideportivo da Gándara.

Info e imaxe: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia