OUTES FC: O arxentino Germán Painecura

Un preparador físico que estivo na 1ª División de Arxentina, agora exerce na Liga da Costa co Outes Fútbol Club.

Esta tempada a Segunda da Costa ten o luxo de contar cun preparador físico que estivo na Primeira División de Arxentina, concretamente nas filas do Club Atlético Banfield. Germán Painecura (Ingeniero Jacobacci – Arxentina, 1979) é esta tempada o preparador físico do Outes Fútbol Club. Xa puido verse en varios campos da Costa, como no Eleuterio Balayo de Muros, como prepara ao equipo do seu amigo, o adestrador Miguel Ángel Ramos.

Germán chegou a España fai tres tempadas e por mor dunha oferta para realizar as funcións de preparador físico do Boiro Voleibol. Foi na campaña 2019-2020 e o equipo boirés ascendeu á máxima categoría a nivel nacional despois de competir, entre outros, co Club Voley Dumbría.

Antes de chegar a España, Germán estivo na súa Arxentina natal, ademais do Club Atlético Banfield, que foi en Primeira División, aínda que tamén exerceu noutras formacións doutras categorías como o Huracán, o Club Cipoleti ou o Sol de Mayo, entre outros. Tamén desenvolveu o seu traballo en conxuntos de Guatemala ou Ecuador. Esta campaña ademais alterna o Boiro Voleibol co Outes Fútbol Club.

O protagonista comenta: “La amistad que tengo con Miguel fue como surgió estar ahora en el Outes”. Sobre o fútbol da Costa comenta: “Acá se juega con menos contactos que en Argentina, se intenta jugar mas al fútbol. Está claro que es una nueva experiencia estar en la Costa. Y está gustándome y disfruto cada encuentro”. Para Germán, “En Outes supimos adaptarnos muy bien los jugadores y yo. Ellos saben que yo exijo el 100 por 100. En mi trabajo como preparador mezclo mucho la faceta física con el trabajo con el balón”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas