Unha das caras máis visibles da carreira san sadurniñense foi a de Juan Luis Amigo Ferreiro (Oroso, 1969), coñecido como Juanito Amigo.
O exfutbolista é moi querido en Ferrolterra pola súa gran traxectoria en clubs como o Racing, o antigo Narón Balompé Piñeiros ou o último club no que militouna pasada campaña, o Cultural Maniños onde compartiu vestiario cos seus fillos Óscar e Ipi. Ademais, estivo no Compos, Dépor, Betis, Mérida, Levante, Toledo e Sigüeiro.
Juanito Amigo segue ligado ao mundo do deporte, participando na carreira sadurniñense como integrante da SD Compostela Atletismo, deixando claro que segue nun gran estado de forma ao cruzar a meta no 29º posto na xeral cun tempo de 19:03.