JUDO: Concentración internacional de Andorra

A semana pasada, do 22 ao 27 de agosto, o club AD Judo Ferrolterra participou na Concentración Internacional de Andorra, á que se desprazaron cinco judocas do club.

Os judocas June Moreno, Bruno Carrodeguas, Mario Tenreiro, Xabier Leira e Carlos Botana realizaron un stage de 5 días, compartindo adestramentos con judocas das seleccións española, francesa e andorrana, así como varias seleccións autonómicas.

En devandito stage tiveron a sorte de contar con adestradores de alto nivel, entre os que destacou o campión olímpico cubano Héctor Rodríguez “Coco”, que a pesar da súa idade demostrou estar aínda nunha gran forma física.

Os judocas gozaron non só de adestramentos e explicacións de judo, senón tamén realizaron diversas actividades como sendeirismo, patinaxe sobre xeo, etc., reforzando así lazos de amizade e compañeirismo entre as seleccións participantes.

Como parte do staff do equipo español estivo o mestre do club, Alberto Castro.

Doutra banda, na semana do 15 ao 21 de agosto celebrouse no colexio Liceo La Paz da Coruña, o Curso de Titulación da Federación Galega de Judo, onde un alumno do club, Javier Sánchez Rubín, alcanzou o Título de Monitor de Judo.

Info e fotos: Ad Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas