XXIII TORNEO TENIS MESA CIDADE: O pavillón do Val acollerá este sábado o evento

Algo máis dun centenar de persoas participarán mañá no “XXIII Torneo de Tenis de Mesa Cidade de Narón” que se desenvolverá nas instalacións do pavillón do Val.

O Concello organiza esta cita co Club Tenis de Mesa Narón, un dos eventos xa consolidados no calendario deportivo da cidade, tal e como destacou o edil de Deportes, José Oreona.

No torneo disputaranse catro categorías, prebenxamín, benxamín, alevín e absoluta, tanto masculinas como femininas e os participantes proceden de diferentes clubs galegos e tamén de Asturias e Portugal. Estarán presentes, tal e como destacaron dende o club local, a maioría dos mellores xogadores galegos, como a naronesa Sofía Couce, Candela Montero, Julia Guerra, Brais Rodríguez, Celia Sanz e Martín García, do Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón e todos eles cunha excelente traxectoria deportiva. Así mesmo, estarán xogadores doutros clubs, como os campións galegos absolutos Diego Varela e Claudia Canay, os campións galegos alevín Juaqi Juo e Mateo Lois, etc.

O presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, asegurou que este evento “supón un orgullo polo nivel alcanzado nesta e en anteriores edicións” e agradeceu a implicación do Concello “que nos está prestando un apoio esencial ao longo do ano e particularmente nesta semana chea de actividades na xornada de tecnificación na que participaron 25 deportistas inscritos no campus”.

Pola súa banda, o edil de Deportes, José Oreona, destacou o traballo que realiza o club local, facendo especial fincapé nos éxitos dos deportistas da cidade e tamén no labor dos integrantes do club para que poidan ser unha realidade. O concelleiro animou ás veciñas e veciños a asistir á convocatoria e desexou moitos éxitos aos participantes na mesma.

Info e foto: Concello de Narón

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).