A pasada fin de semana disputouse en A Estrada o Campionato Gallego Junior, onde o club participou con cinco judocas.
June Moreno impúxose na categoría de +78 kg por Ippon ás judocas do Shiai (Coruña), Fabiola Fernández, e a Mawa Camara, do JK (Coruña).
Mario Tenreiro, aínda de categoría cadete, conseguiu unha meritoria medalla de bronce. Impúxose a Roman Budia do Famu de Vigo e a Alejandro Patiño de Arteixo, perdendo en semifinais con Pablo Adán do Famu de Vigo. No combate pola medalla de bronce impúxose ao judoca do Galicia Sur Denis Villegas.
Os seus compañeiros de club, Carlos Botana, Bruno Carrodeguas e Carlos Javier Ares, non puideron pelexar polas medallas.
Os judocas estiveron acompañados dos adestradores do club, Alberto López “Pitu” e Alba de Bernardo.
HUGO LÓPEZ SÉTIMO NA COPA DE ESPAÑA DE EXTREMADURA
O pasado sábado disputouse en Montijo a Copa de España Infantil de Extremadura, onde o club levaba un representante, Hugo López Pereira, en -42 kg. Na primeira liga, Hugo impúxose aos seus 3 rivais por Ippon: ao portugués Martim Borges e aos madrileños Sergio Fernández e Gabriel Rusanu, clasificándose así para a seguinte fase da competición. En cuartos de final perdeu co judoca madrileño Davit Shamugia, conseguindo en gran 7º posto nesta Supercopa de España e quedándose a un combate pola disputa das medallas. Acompañouno o seu adestrador, Alberto Castro.
Fotos: AD Judo Ferrolterra