Tatiana Varela: “O nivel está bastante igualado na maioría de equipos”

Tatiana Varela Rey (Cerqueda, 2003) é unha futbolista versátil que domina a defensa tanto de lateral como de central.

Forxada no Cerqueda, club onde comezou a súa historia no fútbol, Tatiana non só brilla no campo, pois a pasada tempada dirixiu á base feminina, guiando a alevíns e infantís coa mesma paixón coa que defende cada balón. Un talento que deixa pegada e proxecta liderado cara ao futuro do fútbol feminino.

Que significa o Cerqueda para ti?
Para min, o Cerqueda significa moito, xa que é o club no que comecei neste deporte e no que pouco a pouco fun aprendendo o que sei agora. Tamén confiaron en min para adestrar categorías base a tempada pasada, das cales levo moita aprendizaxe e experiencias.

Que obxectivos persoais marcácheste?
A verdade é que comecei neste deporte por facer e probar algo novo, aínda que sempre me gustou. Obxectivos como tal, marcados, non teño, simplemente mellorar e avanzar pouco a pouco individual e colectivamente como equipo e ir aprendendo cada día e de cada partido, sempre poñerlle as ganas todas e intentar non baixar os brazos nunca.

Que che parece o nivel actual da liga?
Na liga penso que o nivel está bastante igualado na maioría de equipos e está sendo bastante competitiva.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde