Lucas Fanego: “Quédome con todo”

Lucas Fanego Gómez (O Vicedo, 2005) chegou ao Somozas como un raio que rompe a néboa das tardes futboleiras.

O extremo converteu cada xogada nun desafío aberto para os defensas rivais. Formado no Viveiro, onde xa coñeceu o sabor do primeiro equipo, e curtido durante unha tempada nos xuvenís do Celta, medrou entre a disciplina e a ousadía. Pode voar pola dereita ou pola esquerda, sempre coa mirada posta no duelo individual, onde destaca pola súa valentía de encarar sen medo, cambiando o ritmo nun instante e coa velocidade dun lóstrego. Desborde, atrevemento e talento son as súas credenciais para incendiar as bandas e levantar ás bancadas.

Como valoras a tempada?
Agora, xusto despois da resaca mental do partido ante o Boiro, a valoración é diferente que cando o vexamos en frío, porque no cómputo xeral foi moi boa tempada. Unha magoa ao final coas lesións, que foi o que nos condicionou e o que nos fixo desprendernos do playoff.

Con que te quedas desta campaña?
Quédome con todo, a verdade. Poucas cousas foron malas ou habería que esquecelas dende o principio ata o final. Foron moitas experiencias boas e a verdade estiven moi cómodo e contento desde que cheguei.

Notas algunha diferenza entre atacar pola dereita e pola esquerda?
A verdade e que si, porque os perfís cambian moito, a maneira de facer o control ou de encarar é diferente, pero todo é acostumarse. Eu por xogar non teño problema, ao final o que me gusta é xogar.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas