Coas luvas cargadas de historia, Lucía Ameal Pereira (A Guarda, 2004) afronta unha nova batalla baixo paus.
A nova porteira aterrou no Bergantiños co aval dun percorrido que curtiu en prazas esixentes como a Unión Guardesa, Ribera, Mos e o Victoria santiagués. Reflexos felinos, amorne nos momentos decisivos e unha ambición que non entende de idades definen a unha gardiá chamada a erixirse en muralla.
Que significou para ti chegar nesta campaña ao Bergantiños?
A verdade é que estaba contenta no Victoria, por circunstancias alleas ao fútbol non podía continuar e a miña idea era deixalo, pero presentouse a oportunidade e moi contenta.
Como estás a vivir a tempada a nivel persoal?
Pois non tiña moitas expectativas co cambio que deron á liga, pero o equipo é competitivo e hai un bo grupo, sinto que confían en min e iso axuda moito.
Hai algunha dianteira rival ou equipo que che esixira especialmente?
O equipo sacrifícase moito defensivamente, somos un bloque moi unido, o que fai que custe máis que xérennos ocasións claras. O equipo que máis nos fixo sufrir nesta primeira volta foi o Friol co seu poderío físico. A pesar de todo, conseguimos encaixar só un gol, pero foi un partido realmente difícil.
Foto: Bergantiños FC




