Álex Marcote: “De neno sempre tes o soño de chegar a ser futbolista profesional”

Zurdo e atrevido, Alejandro Marcote Canosa (Fisterra, 2005), coñecido como Álex Marcote, afronta a súa segunda tempada no Dumbría asentado como un extremo que marca diferenzas a perna cambiada pola banda dereita.

Xove, pero cun amplo percorrido formativo, o atacante pasou por canteiras e equipos como o Fisterra, San Tirso, Dépor, Bergantiños e Montañeros, unha bagaxe que hoxe se reflicte na súa madurez competitiva e a súa constante ameaza en ataque.

Que balance fas destes dous anos no Dumbría?
Empezando polo primeiro ano en Dumbría, pois non podería saír mellor, primeiro ano de senior e gañas a liga e a Copa da Costa marcando gol na final. A nivel individual foi moi bo ano, dando múltiples asistencias e marcando nove goles. Agora, no segundo ano, categoría superior, pero non nova, xa debutase en xuvenís co Montañeros. Unha liga moito máis esixente, a cal loitamos pola salvación.

Hai algún compañeiro co que teñas unha conexión especial no campo?
Eu diría Diego Estévez, porque sempre nos buscamos na parte ofensiva para continuar a xogada.

Que momento difícil axudouche a madurar como xogador?
De neno sempre tes o soño de chegar a ser futbolista profesional, creo que o ano que me vou do Dépor foi un golpe de realidade moi grande e o cal me fixo madurar bastante como persoa.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde