Manu Justo fichou esta tempada polo Racing para reforzar a dianteira do equipo ferrolán tras a marcha de Nathan e o xogador vigués adaptouse perfectamente ao xogo do equipo desde o primeiro día, sendo unha das pezas crave do gran inicio de tempada do conxunto que dirixe Cristóbal Parralo.
Manu Justo é un dianteiro rápido, capaz de xerar ocasións de gol da nada, pois ten a habilidade de rematar e de facer goles cando non hai espazo posible para iso. Xoga ben de costas á portería, solidario co equipo, apoiando tanto en tarefas ofensivas como defensivas e con boa visión de xogo, como demostran as súas tres asistencias no que vai de tempada (dúas ante o Real Madrid Castilla e unha ante o Ceuta).
É un xogador rápido que conecta moi ben cos dous extremos veloces do Racing, Héber Pena e Carlos Vicente.
Comezou a súa carreira nas categorías inferiores do CD Areosa e tras dar o salto como profesional e pasar polo Club Rápido de Bouzas, Coruxo FC, Elche e tres períodos de cesión en clubs como o UCAM Murcia CF, Celta de Vigo “B” e Racing de Santander, finalmente fichou polo Racing de Ferrol.
Anotou ata a data cinco tantos (2 á Cultural na 4ª xornada, 1 ao Algeciras na 5ª, 1 ao Badajoz na 6ª e 1 ao Talavera na 7ª) nas nove xornadas que levamos disputadas, sendo un dos partícipes do bo arranque de competición dos ferroláns.
DATOS
Nome: Manuel Justo Román
Idade: 26 (09/02/1996)
Localidade de nacemento: Vigo
Estatura e peso: 1,74 m e 77 Kg
Dorsal: 9
Demarcación: Dianteiro
Perna predominante: Destro
TEMPADA 2022/23
Partidos xogados: 9
Goles: 5
Asistencias: 3
Minutos: 688
Tarxetas amarelas: 0
Tarxetas vermellas: 0
TRAXECTORIA
2014/15: Xuvenil CD Areosa
2015/16: Club Rápido de Bouzas
2016/18: Arosa SC
2018/19: Coruxo FC
2019/22: Elche CF
2019/20: UCAM Murcia CF (cedido)
2020/21: Celta de Vigo B (cedido)
2021/22: Racing de Santander (cedido)
2022/23: Racing Club de Ferrol