NOELIA FREIJEIRO: “Introducimos actividades deportivas en todos os programas: Nadal, Entroido e verán”

Noelia Freijeiro Novo (Leiloio, 1985), a concelleira de Deportes do Concello de Malpica, leva en política desde o ano 2011. Asumiu a concellería de Educación e Cultura.

No 2015, incluíu a de Turismo, que tivo ata xuño do 2019. No 2021, tras a moción de censura, púxose ao fronte das concellerías de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, con dedicación parcial. Noelia, fai un ano ampliou a programación das Escolas Deportivas con máis actividades durante o curso escolar. Así mesmo, dinamizou o uso do ximnasio municipal.

Que valoración fai do ano deportivo non Concello?
Positiva. Introducimos actividades deportivas en todos os programas: Nadal, Entroido e verán. E funcionaron xenialmente. Tratamos de ampliar a oferta para ter actividades atractivas para todos os grupos de idade.

De que actividades séntese máis orgullosa?
Recuperamos actividades numerosas con arraigamento no pobo, como é o fútbol praia e a carreira pedestre, que, nestes últimos dous anos non se puideron levar a cabo pola COVID.

O seu departamento tamén abarcou charlas e conferencias?
Si. Penso que para realizar determinados tipos de deportes é imprescindible estar moi ben informado e tamén chegados a unha idade saber que actividade física podemos realizar.

O Concello pode presumir de equipos de fútbol federado?
Por suposto, e presumimos. Desde os máis pequenos aos máis veteranos levan o nome de Malpica aló a onde van.

Tamén aventurouse cun certame de fotografía deportiva?
Si. Quixen que tamén desde “o outro lado” se puidese participar na carreira pedestre.

Unha faceta a do surfing especial?
Desde o departamento de Deportes apostamos polo proxecto “Aprende a través do surfing”, porque me gusta especialmente a parte pedagóxica da idea e, sendo un pobo de mar, está claro que o surf é unha actividade deportiva destacable.

Que tipo de subvencións ten para as entidades deportivas?
Axudas económicas para as entidades deportivas e, desde este ano, teremos para os deportistas individuais do Concello. Poñendo a súa disposición as instalacións das que dispoñemos. Tamén axudamos dándolle toda a difusión posible ás actividades deportivas que realizan. E, por suposto, estar en continuo contacto para poder resolver coa maior brevidade posible calquera problema que xurda.

Para rematar, as instalación deportivas son un punto de atención?
Por suposto. Penso que a maior axuda que podemos darlle aos nosos deportistas é ofrecerlles unhas instalacións en condicións. Imos pasiño a pasiño, tentando que as instalacións deportivas sexan o máis funcionais e cómodas posible.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia