A carballesa María Varela Bardanca (Carballo, 1972) foi unha das deportista pioneiras na Costa da Morte, xa que formou parte, con tan só 11 anos, do histórico club do Karbo da Coruña de fútbol e máis tarde, do non menos histórico, Sal Lence de fútbol sala (campión de España e tres Copas da Raíña).
Marcou toda unha época con varios títulos a nivel nacional. Tamén foi seleccionadora galega e antes formou parte como xogadora da selección galega e nacional. María Varela Bardanca segue vinculada ao deporte, como técnica deportiva no Concello de Malpica, posto no que leva 21 anos. É licenciada en INEF. Ela recibiu unha das distincións ao Mérito Deportivo 2022, acto que tivo lugar o pasado 5 de outubro, en Bonaval, en Santiago de Compostela, de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Galardón que considera o máis importante que recibiu ata a data. Outros equipos na traxectoria deportiva de María Bardanca foron o Meirás (99-00, 01-02 e 03-04), o Ourense (00 e 01 e 01-02), ambos en División de Honra, e Funeraria Apóstolo de Santiago (04-05), en liga galega, e colgou as botas no Aguiño de fútbol campo cando sufriu unha grave lesión.
FALA A PROTAGONISTA
A protagonista, María Bardanca, comentou: ”Moi agradecida por recibir un recoñecemento tan especial e importante para min como deportista galega” e recalcou: “Dedicalo, loxicamente, á miña familia, porque, sen lugar a dúbidas, son a que son grazas a ela”, aínda que, para finalizar, matizou: “Pero especialmente ás miñas compañeiras e persoas vinculadas ao mítico Sal Lence que, sen dúbida, marcou un punto de inflexión no fútbol sala feminino tanto a nivel galego como nacional”.
Compartir:
Novas relacionadas

O Baxi Ferrol comeza a pretempada con festa e cen puntos
O Baxi Ferrol xa puxo a maquinaria en marcha e fíxoo cunha vitoria contundente ao impoñerse ao Maristas por 101-45 na 26ª edición do Torneo

O Parrulo pecha a pretempada con boa nota ante o Noia
O Parrulo Ferrol asinou con boa nota o seu último test de pretempada ao superar por 3-2 o Noia Portus Apóstoli nun bonito derbi disputado

Daniel Remuiñán apunta á zona alta no Rallye Terra de Galicia
O piloto da Laracha sae a medirse cos mellores do Campionato de España de Ralis de Terra tras a súa vitoria en Portas. Daniel Remuiñán

Caión Games 2026: surf, snowboard, música e cultura de táboas nun evento único en Europa
A praia das Salseiras, en Caión, acollerá o vindeiro sábado 5 de setembro a quinta edición de Caión Games, un evento único en Europa que

O CB Costa Ártabra inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente
O club ferrolán inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente, á fronte dun renovado equipo directivo que combinará novas incorporacións con persoas que
© Copyright 2021. BISBARRA EN XOGO | Desarrollado por Creatigal