Marcos Carro Rojo (Coristanco, 2005) está a vivir no Oza unha tempada de loita e afirmación, defendendo a banda esquerda con carácter e ambición.
Formado nas canteiras do Bergantiños e do Coristanco, e curtido no Xallas, chegou preparado para dar un paso adiante. O seu despregue, intensidade e espírito competitivo convérteno nun xogador diferencial, sempre disposto a esixir ao máximo aos seus rivais en cada acción e a non dar un balón por perdido. Ademais, a súa xuventude e gran talento auguran un futuro cheo de posibilidades sobre o terreo de xogo.
Primeira tempada no Oza e acadas o ascenso. Como estás a vivir este momento?
É un momento único que me fai especial ilusión, xa que vin co propósito de xogar cuns amigos e agora estamos a piques de poder gañar a ansiada liga.
Que ten este equipo que o fai especial?
O que caracteriza ao Oza é o bo ambiente que hai e ademais tocoume un grupo espectacular, que tamén iso é grazas aos capitáns do equipo e ao corpo técnico.
En que aspectos cres que medraches máis esta tempada?
Na confianza, sen dúbida, isto débese tamén ao adestrador, que confiou en min desde o primeiro minuto. Iso levou a que xogara como me sentise máis libre.
Foto: fotoschimpi




