No corazón verde de Galicia xurdiu Marcos Piñón Hermida (San Sadurniño, 1993), líbero indomable, capitán por convicción e alma do Intasa San Sadurniño.
É un líder de voz firme e exemplo constante que converteu a fidelidade na súa maior fazaña, defendendo o mesmo escudo durante toda unha vida deportiva.
Que sentes ao representar ao club da túa vida cada fin de semana?
É algo ao que xa me afixen despois de tantos anos, pero do cal sigo estando orgulloso. É un pracer para min xogar na miña casa, no club que me formei, diante dos meus amigos, familia, e veciños. Participei en todos os seus ascensos, levándoo mesmo á máxima categoría do voleibol nacional xunto aos meus compañeiros.
Que fai especial ao club fronte a outros?
O que máis especial faio é o humilde que é. É un club dun pobo moi pequeno (menos de 3.000 habitantes) o cal chegou á elite do noso deporte e iso é algo que o fai diferente, con poucos recursos, pero con esforzo desde a directiva, corpo técnico e xente que nos apoia puidéronse conseguir títulos a nivel nacional, o cal ten moito mérito, competimos con clubs moito máis grandes e con máis recursos.
Como ves ao equipo na actual tempada?
Vexo ao equipo moi ben esta tempada, chegamos á final da Copa Príncipe, estamos primeiros de grupo neste momento. En casa somos un equipo forte, non perdemos este ano. Temos un persoal no cal todos os xogadores achegan moito, temos bos xogadores no banco para rotar, o cal é algo moi importante.
Foto: sadmoody241




