Mataso: “Non hai mellor club que este”

Na beira esquerda do campo, José Miguel Caamaño Sendón (Ameixenda, 1998), coñecido nos campos costeiros como Mataso, representa a fidelidade ás cores do Dumbría.

Salvo media tempada co Ameixenda, onde unha grave lesión do ligamento cruzado freou temporalmente o seu camiño, a súa carreira é exemplo de constancia. Militou en alevíns no Luis Calvo e Corcubión, e na etapa de infantís no Cee, medrando ata ser un lateral incisivo, un puñal pola banda para calquera defensa, sempre intenso, disciplinado, atento nas coberturas e cun golpeo preciso. Ademais de ser un exemplo no campo, Mataso exerce como adestrador na base dumbriesa, guiando aos alevíns e xuvenís con dedicación diaria, formando xogadores e tamén persoas, transmitindo compromiso, esforzo e paixón polo fútbol desde abaixo.

Que sentes ao defender a camiseta dumbriesa cada fin de semana?
Sinto un orgullo tremendo poder vestir esta camiseta tantos anos porque non hai mellor club que este.

Como estás a ver ao equipo neste tramo final da tempada?
Pois con moitas ganas de conseguir o obxectivo canto antes e vexo ao equipo preparado para este final de liga.

Que intentas transmitirlles aos rapaces que adestras?
Aos máis pequenos que desfruten cada adestramento e cada partido, porque nesas idades o máis importante é pasalo ben, e aos máis grandes que valoren no club no que están, porque calquera rapaz querería estar na súa situación, e que compitan ao máximo cada semana.

Foto: fotofuentes

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas