O pasado sábado 22 de xuño tivo lugar unha intensa xornada de judo no pavillón de Mercedarias.
A xornada comezou coa clasificación intercentros da AD Judo Ferrolterra, onde máis de 100 judocas da comarca disputaron a clasificación e a última xornada, cos seguintes resultados finais: en categoría cadete impúxose Mario Tenreiro (Narón), seguido de David Herrera (Narón) e Pablo López (Fene). En categoría infantil o campión foi Xoel Siso (Miño), quedando en segundo posto Marcelo Eibe (Fene) e Hugo López (Narón). En categoría alevín, ocupou a primeira posición Xabi Mauriz (Narón), seguido de Alba Bollo (Fene) e Iago Miño (Pontedeume). E en categoría benxamín José Luis García (Narón) foi o campión, seguido de Xan Viñas (Pontedeume) e Aina Siso (Miño).
A continuación, celebrouse a liga Comarcal de Judo de Ferrolterra, sendo o campión en categoría Sub11 o Colexio Mercedarias de Ferrol, seguido de EDF (Espacio Deportivo Ferrolterra de Narón) e en terceiro lugar, o equipo de Miño-Pontedeume e a EM Cabanas. En categoría Sub9, campión foi EDF Equipo A, seguido de Ximnasio Utopía de Narón, e ocupando o terceiro lugar, EDF Equipo B e EM de Cabanas. As categorías minis, en competición individual, quedaron campións Mateo de Vargas, de Pontedeume, Carmen Sita de EM Cabanas, Iván Diéguez e Marcelo Paz de EDF. E en categoría biberón o primeiro posto foi para Iván Diéguez, de EDF.
Durante o evento premiouse aos mellores judocas do club esta tempada, June Moreno e Mario Tenreiro polos bos resultados obtidos tanto a nivel nacional como internacional. Pola tarde realizáronse os exames de paso de grao, nos que 50 alumnos examináronse para graos de cinto laranxa ata cinto marrón.
Foto e información: AD Judo Ferrolterra