A Laracha acollerá o sábado 29 de xuño a segunda edición do “Slalom Concello da Laracha”
Trátase dunha disciplina na que prima a habilidade dos pilotos sobre a velocidade. O vindeiro sábado o Concello da Laracha acollerá por segunda vez unha proba puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. O presidente da escudería organizadora, Arteixo Motorsport, xunto con varios dos seus colaboradores, acompañados do alcalde, José Manuel López Varela, e […]
Mercedarias e EDF gañaron a Liga Comarcal de judo de Ferrolterra
O pasado sábado 22 de xuño tivo lugar unha intensa xornada de judo no pavillón de Mercedarias. A xornada comezou coa clasificación intercentros da AD Judo Ferrolterra, onde máis de 100 judocas da comarca disputaron a clasificación e a última xornada, cos seguintes resultados finais: en categoría cadete impúxose Mario Tenreiro (Narón), seguido de David […]
Uns 300 deportistas participarán este domingo na “VI Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón”
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o xoves xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e integrante da directiva, respectivamente, do Club de Remo Narón, a sexta edición da Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón, que se organiza por quinto ano consecutivo e que abrirá a Liga galega. O edil naronés destacou […]
Vencedores dos trofeos Bisbarra en xogo da tempada 2023/24
Gala Mestres, Rubén Orzáez, Noemi García, María Rial, Paula Fandiño, Mario Rodríguez, Iván Rojo e a SD Castriz, proclamáronse vencedores dos trofeos organizados por Bisbarra en xogo desta tempada 2023/24. Edición Ferrolterra II Trofeo máxima anotadora do Baxi Ferrol patrocinado por Fersay Vencedora: Gala Mestres con 395 puntos. II Trofeo máximo goleador de O Parrulo […]
A pivote americana Mimi Collins xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol
O Baxi Ferrol pechou a fichaxe da pivote americana Mimi Collins, que vivirá a súa primeira experiencia no baloncesto europeo. A xogadora, que ten 24 anos e mide 1.90 metros, estivo as últimas tempadas na NCCA, un ano en Tennessee, dous en Maryland e as dous seguintes en North Carolina State. A deportista acabou a […]
O Campionato Galego de Praia de Salvamento e Socorrismo nas categorías base vai ter lugar entre o 27 e o 30 de xuño na praia do Ézaro (Dumbría)
É a competición que pecha a temporada deportiva autonómica destas categorías e serve como preparación para os campionatos de España, que terán lugar no mes de xullo. Tres días de actividade que congregan, de novo, a gran cantidade de visitantes na nosa comarca, convertendo outra vez a organización de eventos deportivos nun motor de desenvolvemento […]
Valentín González Formoso: “a xente respondeu e estamos moi satisfeitos”
O campo Río Seco de Narón acolleu a primeira edición da Copa Deputación da Coruña na que formaron parte os campións copeiros da Coruña, A Costa da Morte, Ferrol e Sar nas categorías masculina e feminina. Desde o equipo de Bisbarra en xogo tivemos a honra de entrevistar ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín […]
Bea Vila: bos rexistros goleadores da talentosa xogadora da EFB Amistade
Unha tempada máis, a atacante Bea segue sendo unha dos principais referentes da EFB Amistade, sendo este ano a máxima goleadora do equipo con 12 tantos nos 22 encontros que disputou, logrando uns rexistros moi similares á pasada campaña na que conseguiu 16 tantos en 27 encontros. Bea destaca pola súa facilidade para driblar ás […]
David Gómez, porteiro menos goleado dos equipos de Ferrolterra e cuarto da lista xeral da Preferente
O gardameta do Galicia de Mugardos, David Gómez (Cambre, 1994), fixo unha gran tempada defendendo a portería mugardesa coa solidez que lle caracteriza. O cambrés, que recentemente renovou unha tempada máis co conxunto mugardés, cumpriu a súa terceira campaña no club de Ferrolterra e ten pasado en equipos como as categorías base do Dépor, Fabril, […]