Pablo Parga: “Competiremos por estar o máis arriba posible”

Unha tempada máis o Intasa San Sadurniño de Pablo Parga está a afrontar a Superliga 2 deixando boas sensacións e xerando moita ilusión nos afeccionados con actuacións épicas como o partidazo ante o Textil Santanderina, ao que privaron da imbatibilidade tras endosarlles un 3-0 en casa.

A pesar da euforia que se respira, o técnico do conxunto sadurniñense non quere relaxacións nin distraccións, xa que “repetir a xesta do ano pasado vai ser moi complicado porque hai moitas opcións para varios equipos que se reforzaron, ademais de que tivemos baixas importantes de longa duración como as de Lucas Wünschmann e Álex Vizoso”.

A pesar deste contratempo en forma de lesións, Pablo Parga confía na calidade do seu equipo e no que espera deles, alegando que “estamos a facer un grupo moi chulo e ao final a competición poñeranos onde nos teña que poñer. Xogaremos todos os partidos ao máximo nivel e coa maior intensidade, facéndoo o mellor que se poida en todos os campos, e por suposto, en casa ante a nosa afección para tratar de gañar sempre os tres puntos competindo contra todos”.

Este inicio de tempada está a demostrar que non hai un favorito ante o nivel exhibido polos conxuntos da zona alta, declarando o técnico ourensán que “é unha liga moi competida, con todo moi igualado e que por pequenos detalles irase para un lado ou para outro, o que o fai unha competición moi divertida e de moito nivel”, engadindo que o obxectivo para esta campaña será “competir por estar o máis arriba posible, encher o pavillón e que a xente goce co noso xogo”.

Por último, o técnico ourensán analizou as dúas fichaxes da tempada, Gabriel Zabala e Tarta Razvan, comentando que “o están facendo moi ben, estamos moi contentos con eles e están a adestrar a moi bo nivel. Xa nos coñecemos de hai tempo, son dous rapaces simpaticísimos, moi boas persoas, traballadores e da mesma idade que o grupo. Integráronse perfectamente e suman moito para o equipo”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia